Investigado o exsancristán de Vilanova ao atopar bens da igrexa na súa casa
O exsancristán de Vilanova de Aroura está en liberdade pero investigado polo xulgado de instrución número 1 de Vilagarcía. A Garda Civil acúsao de furto. En dous rexistros atopáronlle material litúrxico e de gran valor histórico e artístico. Os axentes solicitan a colaboración dos responsables doutras parroquias, xa que hai obxectos que non saben de onde son. Axentes da Garda Civil rexistraron o dous domicilios do sospeitoso . Atoparon unhas dez tallas de madeira policromada con imaxes de distintos santos, 15 capelas domiciliarias con tallas e un altar antigo tallado en madeira. Tamén oito candelabros, unha cruz de altar de prata, un cáliz, un cadro de prata e medallas das confrarías, tapetes bordados e vestiario litúrxico. 25 libros litúrxicos dos séculos XVIII e XIX, así como dúas imaxes de santos tallados en pedra.
A investigación xurdiu dunha denunicia posta polo cura actual ao botar en falta de diversos obxectos. Entre os que atopou a Garda Civil hai algúns que non saben cal é a súa procedencia. A Policía Xudicial de Patrimonio solicíta a colaboración dos responsables doutras parroquias próximas, para recoñecer os obxectos incautados na Comandancia de Pontevedra.