Bos días
Investigación científica en Galicia
A calidade científica en Galicia segue a dar os seus froitos. Investigadores da Universidade de Santiago, en colaboración con outros centros internacionais, levaron a cabo un estudo sobre unha proteína que modifica inesperadamente as moléculas ARN, que son as mensaxeiras do noso ADN.
TET2 é unha proteína que afecta directamente o ARN, que son as moléculas encargadas de manipular o ADN de cada persoa. Grazas a un estudo levado a cabo nun centro de investigación da USC, coñecemos que esta proteína, factor externo ao noso corpo, ten gran capacidade de modificación xenética.
Unha investigación pioneira que axudará na procura de solucións para enfermidades que conteñen a TET2, como o cancro ou a leucemia.
Indagacións que deixan claro a calidade científica que temos en Galicia.