CRTVG

Buscar

Investigación a Podemos: o xuíz remítelles a declaración íntegra do denunciante

Publicado o 13/08/2020 14:10

Podemos xa conta, para defenderse, coa declaración completa do denunciante, que deu pé a esta investigación. 

Precisamente non ter esa gravación foi un dos argumentos da formación morada para pedir a nulidade do caso. Alegan indefensión e que o seu exavogado vulnerou a confidencialidade.

O denunciante puxo o foco nos contratos asinados coa consultora Neurona para a campaña de 2019. Segundo di, fraudulentos, e de aí a imputación do secretario de Comunicación. E tamén denunciou sobresoldos, polo que o xuíz pediu as nóminas dos outros investigados, así como recibos dos gastos.

O secretario de Organización respondeu a estas dilixencias nun vídeo publicado nas redes sociais. 

Ciudadanos solicita a comparecencia urxente de Iglesias no Congreso. No PP critican o silencio de Sánchez e dinlle que o seu futuro vai ligado ás responsabilidades que se deriven do caso.

 

Noticias web

13/08/2020