CRTVG

Buscar

Inverno na mañanciña e verán pola tarde na provincia de Ourense

Publicado o 07/06/2021 21:19

A Limia rexistrou a mínima de Galicia co termómetro por debaixo dun grao ás sete da mañá.

 "Pola mañá tes que poñer bastante roupa de abrigo, e despois segundo van pasando as horas ir quitando roupa progresivamente".

Na provincia de Ourense o avance das horas tradúcese nunha escalada das temperaturas, tradúcese nun camiño cara a un contraste moi notable. Meteogalicia rexistrou a máxima de Galicia na cidade: case trinta e tres graos ás seis da tarde.

Son máis de vinte graos de diferenza entre o día e a noite, unha marcada oscilación térmica que pode pasarlles factura aos corpos. "Co frío á mañá e despois a calor, síntoo nos ósos".

A tarde nas praias de Vigo tamén parecía un adianto do verán. Pero as noites e as mañás destes días vindeiros en Galicia seguirán aconsellando ter a chaqueta á man.

Noticias web

07/06/2021