CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Inventos prácticos deseñados por escolares en Galiciencia

Publicado o 19/11/2014 15:23


Canto tempo iamos aforrar se o móbil nos dixese onde hai sitio para aparcar, así, a tiro fixo...
Pois esta aplicación existe, é un dos prácticos inventos que escolares de colexios de toda Galicia presentan estes días na feira científica da Tecnópole, en Ourense.

Si, xa sabemos que Fernando Fernán Gómez dixo que as bicicletas son para o verán, pero con este invento de dúas alumnas do IES Rosalía de Castro de Santiago podemos andar en bici todo o ano, aínda que chova.

Entres os 64 proxectos que este ano se presentan en Galiciencia atopamos moitos prácticos, coma esta aplicación para móbil que indica que aparcadoiros hai libres.

E para evitar accidentes que xa se teñen dado, freo de seguridade automático nas cadeiras dos cativos.

Ademais descubrimos que as leitugas medran mellor no interior con lámpadas leds e que con leite se pode facer plástico biodegradable e con labras dos lapis de cores solas de zapatos.
2.000 persoas pasarán pola feira científica de Galicia que ata o venres se celebra na Tecnópole, en Ourense.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí