Moitos curiosos visitan Salvaterra para ver a crecida do Miño
Publicado o 21/12/2019 14:56
Case sete metros está por fóra o Miño en Salvaterra, asolagando o paseo da Canuda que está parcialmente pechado e cortado ao tráfico. Aínda así son moitos os curiosos que se achegan a ver a crecida do río.
En Tui o río invadíu varias zonas de ribeira, aquí a carón do club naútico asolagou columpios, bancos, fontes e parte das dependenzas da Comandancia Naval do Miño, tamén está pechado o acceso á praia fluvial de Tui.
En Ponteareas foi preciso cortar o tráfico en dúas estradas: a de Moreira e a de Ribadetea, e o río tamén ameaza en zonas de Tomiño como Amorín, Carregal e Forcadela.