CRTVG

Buscar

Inundacións en Ponteceso polo desbordamento dos regueiros que desembocan no Anllóns

Publicado o 20/02/2021 21:12

Nunha das entradas a Ponteceso, o propio alcalde informa os condutores de que posiblemente terán que buscar vías alternativas. Hai dúas estradas pechadas.
A marea alta coincidiu coas chuvias abondosas da última borrasca. Os regueiros que atravesan a localidade para desembocar no Anllóns rebordaron e a avenida Eduardo Pondal volveu asolagarse. A auga entrou descontrolada nas casas, nos garaxes e nos negocios.

A Axencia Galega de Emerxencias desprazou a Ponteceso o Grupo de Apoio Loxístico cunha vintena de bombas de achique, entre elas unha para grandes caudais.

A chuvia concedeu unha tregua durante a tarde e non se agardan precipitacións para mañá.

Noticias web

20/02/2021