Inundacións e rescates en Benicasim por unha tromba de auga torrencial
Publicado o 29/08/2021 14:41
Unha tromba de agua deixou ata 150 litros de auga por metro cadrado en Benicasim, na provincia de Castelló, en pouco mais dunha hora.
Anegáronse vivendas, garaxes e sotos e houbo que rescatar varias persoas atrapadas nas súas casas e vehículos. Entre eles, unha parella de persoas maiores que estaba no interior da súa vivenda asolagada recibiu o auxilio dos bombeiros para poder saír.