CRTVG

Buscar

Inundacións e incendios, a resaca dunha tarde de fortes chuvias e treboadas

Publicado o 18/09/2020 15:02

Despois dunha xornada de moita chuvia, o día comezaba coa limpeza das rúas cubertas polos danos dun forte temporal.

Como se fose un río caudaloso, así estaba Marín onte á tarde. Regueiros de auga e unha forte sarabia sorprendían os veciños da zona que vían como as chuvias deixaban as rúas do municipio asolagadas. 

Os raios ocasionaron un incendio na illa de Ons mentres que en Marín a gran cantidade de auga que caeu en pouco máis de media hora deixaba algunha que outra desfeita. 

Os chuvascos, aínda que con menor intensidade, vannos acompañar ao longo dos próximos días.

Tamén se producirá unha baixada significativa das temperaturas. O outono comeza a facer acto de presenza na nosa comunidade, onde parece que o paraugas xa veu para quedar. 

Noticias web

18/09/2020