CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Intoxícanse 32 persoas por inhalación de fume no incendio dun edificio de Madrid

Publicado o 29/09/2018 21:23
No incendio dun edificio esta mañá en Madrid resultaron intoxicadas por inhalación de fume 32 persoas.

Catro dos atendidos, entre eles unha muller embarazada, foron trasladados a un hospital.
O lume comezou no relanzo da primeira planta onde había acumulados varios obxectos e o fume propagouse polo oco da escaleira.
Varios veciños tiveron que saír polas ventás con axuda dos bombeiros.
O Samur Social ofreceulles aloxamento ás familias afectadas que non poden volver hoxe á súa vivenda ao quedaren sen subministración eléctrica.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí