Intervida unha festa ilegal con máis de 500 persoas en Astirraga
Publicado o 27/08/2021 15:56
A Ertzaintza interveu unha festa ilegal con máis de 500 persoas en Astigarraga, na provincia de Guipúscoa.
A celebración tivo lugar nun casarío onde estaban reunidos os centos de mozos, ao chegar os axentes procederon a identificar máis de 150 asistentes, entre eles o presunto responsable do evento.
Tratábase dunha festa privada á que se podía acceder tras o pago dunha entrada e no interior servíanse bebidas, tamén tiñan montado un escenario no exterior do casarío.