CRTVG

Buscar

A Garda Civil incáutase dunha fábrica clandestina de tabaco en Silleda

Publicado o 23/05/2021 21:28

Unha operación contra o contrabando de tabaco saldouse con cinco detencións en Galicia esta fin de semana. A Unidade Central Operativa da Garda Civil coordina a investigación en varias provincias españolas, con implicados na Coruña e Pontevedra.

Nesta provincia os axentes interviñeron nunha fábrica clandestina de tabaco situada neste polígono industrial de Silleda. Na nosa comunidade hai cinco detidos. O maior despregamento policial puidemos velo onte nunha nave deste polígono.

Varias unidades da Garda Civil e un helicóptero participaron no operativo, que se saldou cos cinco detidos.

Noticias web

23/05/2021