Interrómpense os labores de busca en Oleiros ao localizar o dono da embarcación roubada
Publicado o 18/06/2021 12:24

O achado dunha lancha sen motor, preto do faro de Santa Cristina, mobilizou o helicóptero de Salvamento Helimer e un equipo de emerxencias dese concello coruñés.
Os labores de busca interrompéronse ao localizar o dono da embarcación, que dixo que lla roubaran, e non haber constancia da desaparición de ningunha outra persoa na zona.