CRTVG

Buscar

Interrogan unha moza de 15 anos pola morte dun meniño en Barcelona

Publicado o 15/07/2020 14:42

Esta mañá atoparon nunha rúa de Barcelona o cadáver dun meniño acabado de nacer. Unha persoa encargada de labores de limpeza atopou unha bolsa de plástico co corpo do pequeno e a placenta, agochada nunha zona de xardín, xunto a unha fiestra.

Os Mossos de Escuadra acudiron á vivenda máis próxima ao achado, onde reside unha menor de quince anos, para interrogala. A moza foi traslada en ambulancia a un centro médico.

Noticias web

15/07/2020