CRTVG

Buscar

Internan nun psiquiátrico o detido por maltratar a súa parella e fuxir co seu bebé

Publicado o 22/01/2019 19:00

O home detido por marchar coa súa filla pequena tras unha discusión coa súa muller en Marín terá que pasar unha evaluación psiquiátrica antes de que a xuíza decida o seu futuro. Os feitos ocorreron onte á tarde. Os forenses consideran que padece algún problema psiquiátrico que agora terán que avaliar os servizos sanitarios.

A agresión machista en Marín produciuse cando un home mancou a parella e fuxiu coa filla de 19 meses. Todo ocorreu no domicilio familiar, na zona de San Xián, o luns á tardiña. O home, de 33 anos de idade, tivo unha liorta coa muller, de 29, en presenza dos seus fillos de 8 anos e 19 meses. El acabou fuxindo no coche coa meniña tras mancar a muller na cara.

Un policía que estaba fóra de servizo foi quen propiciou a detención tras seguir no seu coche por unha zona rural o vehículo onde ía o agresor e a meniña. A cativa, segundo a policía, estaba ben e entregáronlla a nai. O home pasou a disposición xudicial. A titular do xulgado número dous de Marín acordou que sexan os servizos sanitarios os que valoren a patoloxía psiquiátrica do individuo antes de tomar unha decisión sobre o seu futuro.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/01/2019