CRTVG

Buscar

Interior reforza a seguridade en Cataluña para o 1 de outubro

Publicado o 25/09/2019 20:21

O Ministerio do Interior enviou policía antidisturbios a Cataluña para o aniversario do referendo ilegal do 1 de outubro.

Os primeiros 200 axentes xa foron mobilizados. Tamén está previsto o envío de gardas civís.
O seu labor será reforzar a seguridade dos edificios públicos dependentes da administración do Estado como a Delegación do Goberno en Barcelona, comisarías e cuarteis da Garda Civil.

A coordinación do operativo estará a cargo dos Mossos d'Esquadra. A detención o luns de varios membros dos CDR podería aumentar a posiblidade de incidentes.

Noticias web

25/09/2019