CRTVG

Buscar

Interior indemnizará unha famila por comunicar a morte dun fillo con 27 anos de atraso

Publicado o 12/11/2020 20:44

O Ministerio do Interior deberá indemnizar con 137.000 euros unha familia de Almería a quen comunicou cun atraso de 27 anos a morte do seu fillo.

O home constaba como desaparecido desde decembro de 1990, cando en realidade morrera de accidente de coche seis días antes, segundo confirma agora unha sentenza da Audiencia Nacional.

No seu ditame, o tribunal destaca a excepcional duración na identificación do cadáver xa que non se notificou o seu falecemento ata xuño de 2017.

Noticias web

12/11/2020