CRTVG

Buscar

Interior confirma que piratearon a cámara que vixía a casa de Iglesias

Publicado o 08/04/2019 15:19

Podemos denunciou ante o Ministerio do Interior que unha cámara de vixilancia do chalé de Pablo Iglesias e Irene Montero foi pirateada. A formación recibiu en outubro un correo anónimo que alertaba de que as imaxes captadas polo dispositivo de seguridade podían verse en tempo real nunha web de acceso libre. A Garda Civil confirmou os feitos e abriu unha investigación, que conduciu os axentes a un servidor de Singapur, onde se perde a pista dos autores da piratería. Interior decidiu incrementar a seguriade da cámara, que vixía o perímetro exterior do chalé do líder de Podemos. 

Pablo Echenique, secretario de Organización de Podemos: "Este feito de extrema gravidade que amais ten lugar xa durante o mandato do señor Marlaska como ministro do Interior. Queda moito por facer, por limpar as cloacas, é un feito de enorme gravidade que esperemos que se esclareza".

Noticias web

08/04/2019