CRTVG

Buscar

Interior completa a equiparación salarial de Policía e Garda Civil

Publicado o 26/05/2020 19:36

O Goberno completa a equiparación salarial da Policía Nacional e da Garda Civil coas forzas de seguridade autonómicas. O Consello de Ministros aprobou o desembolso dos 247 millóns de euros pendentes para cumprir o acordo asinado en 2018. Fernando Grande-Marlaska, ministro do Interior, explicou que "o terceiro treito farase efectivo nos vindeiros meses nas nóminas dos axentes con efectos retroactivos a 1 de xaneiro deste 2020. Os membros da Policía Nacional e a Garda Civil verán incrementadas as súas nóminas nunha media do 20% con respecto aos salarios anteriores ao acordo"

 Pablo Casado esixe responsabilidades por este anuncio. En opinión do presidente do Partido Popular, é un insulto utilizar esta suba salarial para tapar o cesamento do responsable da investigación do 8-M, en referencia ao coronel da Garda Civil Diego Pérez de los Cobos.

Noticias web

26/05/2020