CRTVG

Buscar

Interior blinda Cataluña para o 10-N con 12.500 policías

Publicado o 08/11/2019 21:16

Os Mossos d´Esquadra, a Policía Nacional e a Garda Civil activan esta sábado o Centro de Coordinación Operativa para garantir a seguridade o 10-N. Será o maior dispositivo policial en Cataluña nunhas eleccions.
Haberá policías autonómicos nos 2.700 centros de votación. O maior peso do operativo recae nos mossos pero, se fose necesario, poderán contar co apoio de policiais nacionais nas grandes cidades e de gardas civis en localidades pequenas e zonas rurais.
Ademais os antidisturbios da Policia Nacional despregaranse en puntos estratéxicos. O Centro de Coordinación actívase na xornada de reflexión como é habitual ainda que desta volta coincide coa convocatoria de Tsunami Democrático para que os independentistas se concentren nas prazas de cidades e vilas.

"O despregamento en Cataluña estudiárono as institucións competentes, o Ministerio do Interior en coordinación cos Mossos, que son tamén forzas de seguridade do Estado. Será o axeitado para que o exercicio do voto se faga con total garantía", dixo a voceira do Goberno en funcións.

Tamén poderán votar todos os policias despregados excepcionalmente en Cataluña. O Tribunal Supremo ordenoulle á Xunta Electoral e a Interior que adopte todas as medidas necesarias para garantir que exerzan o seu dereito os axentes que recibiron a orde de desprazamento sen tempo a solicitar o voto por correo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019