CRTVG

Buscar

Interceptan unha condutora na Illa por tirar cabichas e descobren que conducía sen puntos nin ITV

Publicado o 01/09/2019 21:46

A Policía Local da Illa de Arousa deu esta fin de semana cunha condutora que acumulaba un amplo currículo de sancións. Déronlle o alto cando circulaba polo paseo do Naval e tirou unha cabicha desde o vehículo que conducía. Guindar un cigarro está castigado con 200 euros e a retirada de 4 puntos no carné. Cando os axentes lle pediron a documentación deron cun cumulo de infraccións. O coche carecía de seguro, non pasara a ITV e a muller estaba conducindo sen puntos. Esgotáraos e non fixera ningún curso para recuperalos.

 

Noticias web

01/09/2019