CRTVG

Buscar

Interceptan un xinete en Nigrán que quintuplicaba a taxa de alcolemia

Publicado o 25/06/2019 21:40

A Garda Civil denunciou un xinete por quintuplicar a taxa de alcolemia cando ía a cabalo. O home foi interceptado nun control que se estableceu a escasa distancia da localidade de Nigrán. O axentes observaron como o xinete se achegaba cabalgando a un e outro lado da calzada sen exercer ningún control sobre o cabalo, sen chaleco reflector e nunha zona sen iluminación.

Este veciño de Nigrán, de 46 anos, foi denunciado non só pola alcolemia positiva, senón tamén por transitar de forma neglixente pola calzada, poñendo en risco a seguridade dos demais usuarios da vía.

Noticias web

25/06/2019