CRTVG

Buscar

Interceptan un vigués con case 2.000 máscaras ilegais que pretendía vender nas farmacias

Publicado o 03/02/2021 18:30

A Garda Civil interceptou 2.000 máscaras ilegais que un particular pretendía vender ás farmacias. Foi nun control de estrada rutineiro, en Vilaboa. O condutor do vehículo e único ocupante, veciño de Vigo, non puido acreditar perante os axentes a orixe legal dos case douscentos paquetes de máscaras.

Segundo explicou el mesmo, mercáraas a través de Internet e pretendía vendelas nas farmacias. O home terá que facer fronte a varias denuncias administrativas por carecer de licenza para vender produtos sanitarios, por contrabando e porque a mercadoría non estaba homologada.

 

Noticias web

03/02/2021