CRTVG

Buscar

Interceptan un condutor dúas veces bébedo no mesmo día e con menores no coche

Publicado o 04/12/2017 21:04

A Garda Civil detivo por dúas veces un home de 47 anos que conducía ebrio e con menores no vehículo. Na primeira detención levaba os seus fillos a bordo e na segunda os doutra parella que tamén viaxaba con el no coche.

O home de 47 anos é veciño de Santiago e viaxaba cos seus dous fillos menores no vehículo cando a Garda Civil o detivo despois das 15.30 horas da tarde do domingo, na N-634 á altura do término municipal do Pino. O condutor someteuse ás probas de alcol en sangue nas que deu 1,12 mg/l de alcol en aire espirado.

O vehículo retirouno da vía unha grúa que chamou o propio condutor.Cinco horas despois, os axentes de Tráfico paran o mesmo home co mesmo coche nun control rutineiro na N-525 á altura da parroquia de Piñeiro, no concello de Santiago, onde os resultados das probas dan 0,73 mg/l de alcol en aire espirado.

Neste momento acompáñao no vehículo outra muller e os dous fillos menores desta.Nesta ocasión, os axentes retíranlle o permiso de conducir e inmobilizan o vehículo. As dilixencias xa se presentaron nos xulgados de Arzúa e Santiago por delito de seguridade viaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2017