CRTVG

Buscar

Interceptan un condutor da 90 anos circulando en sentido contrario pola A-52

Publicado o 03/05/2019 21:32

A Garda Civil interceptou un condutor de 90 anos que circulaba en sentido contrario pola autovía A-52. O infractor circulaba dirección Porriño polos carrís do sentido Ourense. O condutor incorporouse no punto quilométrico 292 da A-52 desde o área de descanso de Ponteareas e foi interceptado no punto qilométrico 298. O piloto 'kamikaze', segundo fontes da Garda Civil é un veciño de Salvaterra de 90 anos. Ante o suceso, os axentes de Tráfico solicitaron a retirada do permiso de conducir por suposta perda das aptitudes psicofísicas. 


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí