CRTVG

Buscar

Interceptan un condutor a 190 quilómetros por hora no corredor Lugo-Monforte

Publicado o 02/10/2019 11:21
Interceptan un condutor a 190 quilómetros por hora no corredor Lugo-Monforte

Axentes da Garda Civil detectaron pasadas as doce do mediodía do martes un turismo que circulaba polo corredor Lugo-Monforte a unha velocidade de 190 quilómetros por hora, concretamente por unha zona limitada a 90.

Segundo informaron fontes da Garda Civil, o condutor foi captado por un radar á altura do punto quilométrico 3,5 do citado corredor.

Agora, o condutor está a ser investigado pola suposta comisión dun delito contra a seguridade viaria e por parte dos axentes da Garda Civil as dilixencias xa foron remitidas ao xulgado.

Enfróntase a unha posible pena de prisión, de tres a seis meses de cárcere, e á prohibición de conducir vehículos de motor por un tempo dun a catro anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí