CRTVG

Buscar

Interceptan un condutor a 150 km/h nunha zona limitada a 50 en Oleiros

Publicado o 13/07/2020 13:23
Interceptan un condutor a 150 km/h nunha zona limitada a 50 en Oleiros

A Garda Civil interceptou un condutor que circulaba a 150 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50 en Oleiros (A Coruña), informa este luns nun comunicado.

Este suceso ocorreu onte sobre as 15:30 horas no quilómetro 5,500 da estrada AC-12 ao seu paso por Perillo, nun punto que a Garda Civil considera "especialmente perigoso" para a seguridade viaria e a unha hora en que a circulación é intensa, pois numerosos peóns se desprazan á zona de praias.

Os axentes atopábanse neste punto porque montaran un control para acougar a velocidade na zona, engade.

Tras detectaren a infracción, instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria, pois excede en 60 quilómetros por hora a velocidade permitida en tramos urbanos e en 80 en interurbanos, como foi o caso.

O condutor podería ser penado cunha multa de seis a doce meses ou con traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días, ademais da privación do carné de conducir entre un e catro anos.