CRTVG

Buscar

Interceptan un condutor a 100 quilómetros por hora nunha vía limitada a 40

Publicado o 04/11/2019 12:18

Cazan un condutor lugués circulando a 100 quilómetros por hora nunha vía en que a velocidade está limitada a 40. A infracción quedou rexistrada no radar fixo instalado nesa vía que dá acceso ao centro comercial e a unha das zonas con máis instalacións deportivas da cidade. O condutor será sancionado con 500 euros e coa retirada do permiso de conducir.

Non foi a única infracción desta fin de semana na cidade de Lugo, tamén detectaron un condutor ebrio e sen carné na Rolda da Muralla.

 

Noticias web

04/11/2019