Interceptan un camioneiro que quintuplicaba a taxa de alcol permitida en Ponteareas
Publicado o 12/08/2020 14:43
Unha patrulla de tráfico interceptou na A-52, á altura de Ponteareas, un camioneiro que quintuplicaba a taxa de alcol permitida. Fíxoo despois de seguir o camión durante varios quilómetros ao apreciar que circulaba facendo eses.
O vehículo saíra de Ourense con destino a Lisboa. O condutor está acusado dun presunto delito relacionado coa seguridade viaria.