CRTVG

Buscar

Interceptan un camioneiro acusado de condución temeraria nunha autovía de Badaxoz

Publicado o 26/07/2021 09:13

A Garda Civil conseguiu frear un condutor temerario que circulaba por unha autovía en Badaxoz. Conducía un camión, e os axentes foron alertados por outros condutores, que gravaron os movementos do vehículo. Ía continuamente do carril esquerdo á beiravía. O condutor negouse a realizar as probas de alcohol e drogas e impútaselle un delito contra a seguridade viaria.

 

 

Noticias web

26/07/2021