CRTVG

Buscar

Interceptan un camión que ía vertendo tomates pola estrada

Publicado o 11/08/2021 09:17
Interceptan un camión que ía vertendo tomates pola estrada

A Garda Civil interceptou un camión en Cáceres que ía vertendo tomates pola estrada. Foi preto da localidade cacereña de Miajadas. Os axentes déronlle o alto ao vehículo porque ía perdendo a carga. As cubas estaban en mal estado e ía vertendo tomates polo camiño, co conseguinte risco para o resto de condutores.

Noticias web

11/08/2021