CRTVG

Buscar

Interceptan un barco con toneladas de cocaína con destino ás Rías Baixas

Publicado o 23/02/2021 08:50

Unha gran cantidade de droga con destino ás Rías Baixas foi interceptada en mar aberto, fronte á costa norte de Galicia.

Son entre 2.000 e 3.000 quilos de cocaína de gran pureza, que, segundo transcendeu, representan ao redor da metade do cargamento, xa que o resto acabou no fondo do océano.

Os tripulantes afundiron o barco, duns 50 metros de eslora, cando se viron sorprendidos. Conseguiron rescatalos con vida.

Noticias web

23/02/2021