CRTVG

Buscar

Interceptan tres furtivos en Vigo e requisan 12 quilos de marisco

Publicado o 10/07/2020 14:21

A Policía Local de Vigo denunciou nas últimas horas tres furtivos e requisou 12 quilos de marisco. Estes homes actuaban en zonas como punta Lagoa, Teis ou Saiáns. Foron identificados tras ser vistos por vixilantes que fan rutas polas praias dende xuño, apoiando os gardas rurais na loita contra o furtivismo.

En total, estes mariscadores ilegais levaban 10 quilos de ameixa fina e 2 de percebe. Todos estes produtos foron devoltos ao mar.

 

Noticias web

10/07/2020