CRTVG

Buscar

Interceptan no Perú un narcosubmarino cunha tonelada de cocaína

Publicado o 12/12/2019 08:34

Unha patrulleira da Mariña peruana capturou un pequeno narcosubmarino fronte á costa norte do país suramericano.

A bordo do somerxible viaxaban catro homes, ningún deles peruano, que foron arrestados, e a tonelada de cocaína que transportaban foi intervida. O barco, de 20 metros de eslora, tiña como destino algún punto da costa de México.

É o primeiro narcosubmarino apreixado polas autoridades do Perú.

Noticias web

12/12/2019