CRTVG

Buscar

Interceptan en Vilaboa un camioneiro que septuplicaba a taxa de alcol permitida

Publicado o 22/09/2020 18:08
Interceptan en Vilaboa un camioneiro que septuplicaba a taxa de alcol permitida

A Garda Civil investiga o condutor dun camión que septuplicaba a taxa de alcohol permitida. O trailer, de matrícula portuguesa, realizaba un transporte entre O Porto e A Coruña. Os axentes interceptárono á altura de Vilaboa cando obervaron que levaba unha conducion errática, en zigzag.

Identificaron o condutor e realizáronlle a proba de alcoholemia dando como resultado unha taxa sete veces superior ao permitido para este tipo de vehículos. O condutor está a ser investigado por un delito contra a seguridade viaria. Énfróntase a penas de prisión de entre tres e seis meses, multa ou traballos en beneficio da comunidade e a privación do dereito a conducir entre un e catro anos

 

Noticias web

22/09/2020