CRTVG

Buscar

Intercéptano bébedo, sen carné e co coche sen adaptar a súa discapacidade

Publicado o 06/09/2019 18:17
Intercéptano bébedo, sen carné e co coche sen adaptar a súa discapacidade

Ebrio, sen carné de conducir e co coche sen adaptar para a súa discapacidade, ao condutor do que lles falamos, faltáballe un brazo. Foi interceptado pola Garda Civil en Sanxenxo. Ten 59 anos e o carné caducado dende hai 10 anos. O condutor, veciño da vila foi denunciado, o coche inmobilizado e coa proposta de que renove o carné de conducir de acordo coa súa discapacidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019