CRTVG

Buscar

Interceptan tres condutores ebrios en Ourense, un cuadriplicaba a taxa de alcol permitida

Publicado o 20/09/2021 12:21
Interceptan tres condutores ebrios en Ourense, un cuadriplicaba a taxa de alcol permitida

Unha muller de 46 anos circulou triplicando a taxa de alcol permitida. Localizouna unha patrulla da Policía Local de Ourense despois de fuxir ao bater contra dous turismos. E non foi a única que conducía baixo os efectos do alcol esta pasada noite. Dous condutores máis foron localizados polos axentes e deron taxas de alcoholemia moi por riba das permitidas. Un deles cuadriplicaba a taxa. Ten 36 anos e circulaba tamén sen carné. Aos tres abríronselle dilixencias no xulgado de Ourense.

 

Noticias web

20/09/2021