CRTVG

Buscar

Interceptan en Bueu un motorista a 150 km/h nunha zona limitada a 60

Publicado o 12/08/2017 16:48

O mozo alegou que lavara a moto e que a estaba "secando"

Interceptan en Bueu un motorista a 150 km/h nunha zona limitada a 60

O servizo de radar móbil da Garda Civil de Pontevedra detectou en Bueu unha motocicleta circulando a 150 km/h nun tramo limitado a 60.

Os feitos sucederon ás 15:48 horas do pasado xoves, á altura do quilómetro 14 da estrada PO-551, no lugar da Graña.

Os axentes localizaron o piloto, un mozo de 25 anos e veciño de Bueu, que alegou que lavara a moto e que a estaba "secando".

A Garda Civil lembrou que pasar a velocidade permitida legalmente leva unha infracción administrativa e unha multa. Ademais, a partir de certa velocidade, o feito tipifícase como delito no Código Penal.

*Fotografía de arquivo

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017