Interceptados en Muros catro furtivos con 203 quilos de ameixa e berbecho
Publicado o 26/05/2021 12:28

A Garda Civil comisou 203 quilos de ameixa e berberecho extraídos irregularmente en Muros. Unha patrulla observou catro persoas mariscando no areal Virxe do Camiño, cando volvían no coche cos bivalvos interceptárono.
Os catro individuos non tiñan autorización para mariscar e a maior parte do produto que colleran era máis pequeno do tamaño mínimo legal. Segundo a información da Garda Civil, o marisco comisado entregáronllo á confraría de pescadores de Muros para que o devolvesen ao areal.