CRTVG

Buscar

Interceptados 97 migrantes este domingo en Andalucia, Baleares e Canarias

Publicado o 06/09/2021 08:35
Interceptados 97 migrantes este domingo en Andalucia, Baleares e Canarias

Este domingo foron interceptados 97 inmigrantes que trataban de entrar en España por mar, a través das costas de Andalucía, Baleares e Canarias.
Corenta homes magrebís rescatounos Salvamento Marítimo cando navegaban nunha patera ao sur do faro de Maspalomas, en Gran Canarias.

Nos últimos días máis de 600 persoas foron rescatadas en augas do Mediterráneo e do Atlántico cando navegaban en patera ou caiuco pola ruta canaria para entrar en territorio español clandestinamente.

Este foron rescatados en bo estado, pero nos oito primeiros meses do ano, segundo cifras da Organización Internacional das Migracións, na ruta canaria morreron 525 persoas no seu intento de entrar en España.



 

Noticias web

06/09/2021