CRTVG

Buscar

Conducía ebrio a 104 quilómetros por hora nun treito limitado a 50

Publicado o 17/06/2020 11:14
Conducía ebrio a 104 quilómetros por hora nun treito limitado a 50

A Garda Civil investiga un veciño de Baiona que conducía a 104 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50 en Tui e que case cuadriplicou a taxa máxima de alcoholemia.

Segundo informou este mércores o instituto armado, os feitos tiveron lugar sobre as 20:30 horas do pasado sábado, cando o vehículo foi detectado polo radar circulando polo quilómetro 166,700 da N-550, ao seu paso por Tui.

As probas de alcoholemia á que someteron os axentes o condutor deron unha taxa positiva de 0,90 miligramos por litro en aire expirado, de modo que é investigado por un delito contra a seguridade vial. As dilixencias foron remitidas ao xulgado de garda de Tui.

Por este feito, o condutor pode enfrontarse a unha pena de prisión de entre 3 e 6 meses, ademais dunha multa de 6 a 12 meses ou a traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.

Ademais, podería verse privado do dereito a conducir vehículos a motor por ata catro anos e ser sancionado con 600 euros de multa.