Interceptado un motorista que circulaba sen carné, sen seguro, sen ITV e cuadruplicando a taxa de alcolemia
Publicado o 16/07/2019 12:41
A Garda Civil interceptou o condutor dunha motocicleta que incumpría ata catro normas de circulación de xeito grave.
O home multiplicaba por catro a taxa permitida de alcoholemia, circulaba sen ter contratado un seguro para a moto e sen que esta pasase a ITV. Ademais, carecía de carné de conducir.
Trátase dun veciño de Ribadeo, de 61 anos de idade, que circulaba pola localidade mariñá á media tarde. Agora os axentes que o interceptaron xa deron parte ao xulgado por delitos contra a seguridade viaria e contra a Lei de Tráfico.
Este tipo de condutas están castigadas con penas de prisión e sancións económicas.