CRTVG

Buscar

Interceptado na A-55 ebrio, drogado, sen seguro e sen carné

Publicado o 16/04/2018 14:05

E na autovía A-55, en Tui, a Garda Civil parou un vigués que circulaba sen premiso de conducir, sen seguro e baixo os efectos do alcol e as drogas. O home nunca sacara o carné, e ademais é reincidente. Pillárono contra as 10 da noite, cando circulaba en dirección a Portugal, dando bandazos. Outros condutores da A-55 avisaron de como ía ás forzas de seguridade, que o arrestaron minutos despois. Resulta que o sobre o home recaía unha condena que lle prohibía circular ata o mes de novembro, xa que fora interceptado en varias ocasións conducindo sen carné. Agora está a ser investigado por outros dous delitos contra a seguridade viaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018