CRTVG

Buscar

Interceptada en Vigo unha condutora que circulaba drogada, sen carné e sen seguro

Publicado o 24/09/2019 14:43

A Policía Local denunciou esta muller por un delito contra a seguridade viaria e por poñer en perigo o resto dos condutores. Foi detectada na rúa García Barbón, por onde circulaba a gran velocidade. Os axentes parárona nun control e ao pedirlle os papeis comprobaron que non tiña seguro nin carné. Tamén descubriron que a muller gardaba baixo a camiseta unha bolsiña con 7 gramos de cocaína. Posteriormente, realizáronlle a proba de tóxicos e deu positivo nesta droga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019