CRTVG

Buscar

Intento de asalto ao caixeiro dunha sucursal bancaria de Begonte

Publicado o 08/01/2019 20:08

No concello lugués de Begonte, unha banda de atracadores intentou asaltar o caixeiro dunha sucursal bancaria.

Os presuntos ladróns engancharon dende un coche un gato hidráulico de presión para rebentar o caixeiro. Eran catro, segundo varias testemuñas que os viron dende as fiestras das súas casas.

Ao saltar a alarma da entidade bancaria, os ladróns abortaron o seu plan e marcharon a toda présa. Hai menos dun ano un atracador armado cunha pistola levou 200.000 euros da mesma sucursal.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2019