CRTVG

Buscar

Intentan identificar os ocupantes fuxidos da furgoneta sinistrada en Santiago

Publicado o 28/11/2019 20:37

A investigación intenta determinar por que a furgoneta, que consta como roubada, saíu da calzada, tombou o valo de protección e caeu a rolos desde unha altura de 20 metros, e cantas persoas ían dentro. No momento do accidente só localizaron o condutor, que estaba ferido grave, pero algunhas testemuñas aseguran que outras dúas persoas saíron correndo do lugar, cargadas con bolsas.

Os equipos de emerxencias rastrexaron a zona durante horas na busca de pistas sobre os implicados no accidente, pero non atoparon nada. Horas despois, a policía arrestaba un individuo na zona vella de Santiago cando intentaba roubar nun bar. Os axentes non descartan que sexa un dos fuxidos tras o accidente. Mentres, o condutor segue hospitalizado en estado grave.

Noticias web

28/11/2019