CRTVG

Buscar

Intentan estafar varios hoteis de Ferrol co calote do envío contra reembolso

Publicado o 29/09/2020 14:08

O calote do envío contra reembolso xa é coñecido entre os establecementos hoteleiros de Ferrol e da comarca. Nalgúns, os delincuentes xa o intentaron en varias ocasións sen éxito. É o caso do Parador, do hotel Valencia e do Gran Hotel de Ferrol. A táctica é sempre a mesma: chaman en nome dunha coñecida empresa de mensaxería para entregarlle un paquete ao director, do que coñecen datos, e argumentando que se trata dunha mercadoría de máxima seguridade, dinlle ao recepcionista que debe facer un ingreso nunha conta bancaria.

Por sorte, ningún dos empregados dos hoteis que estiveron no punto de mira dos estafadores caeu na trampa. Ademais correron a voz no sector para evitar que outros poidan ser vítimas deste calote.

Unha das empresas de mensaxería ás que intentan suplantar os estafadores xa leva tempo advertindo na súa páxina web do uso fraudulento da marca para cometer calotes.

Noticias web

29/09/2020