CRTVG

Buscar

Intensificouse o tráfico nas estradas no último día da ponte festiva

Publicado o 17/05/2021 21:18

Toca regresar á rutina logo de varios días de lecer que moitos galegos aproveitaron para viaxar. Un regreso escalado durante a tarde cun tráfico que se intensificaba cara a última hora nas estradas de acceso ás vilas e cidades galegas. 

O Día das Letras Galegas fixo máis longa a primeira fin de semana sen estado de alarma e sen peches perimetrais, polo que moitos aproveitaron para viaxar fóra de Galicia. Tamén se notou máis movemento de persoas nos aeroportos e nas estacións de tren. 

RENFE tivo que reforzar o servizo Madrid-Galicia pola alta demanda de viaxeiros.

 

Noticias web

17/05/2021