Intensifícase a loita contra a 'velutina'
Publicado o 07/10/2020 17:21
Case 24.000 avisos de niños de vespa velutina recibiron dende principios deste ano os técnicos de Seaga, a empresa pública que centraliza os traballos de loita contra este insecto. O mes de agosto foi cando se retiraron máis niños e a provincia da Coruña foi a que rexistrou máis incidencias.