Intensifícanse os controis para evitar os desprazamentos a segundas residencias na fin de semana
Dispositivo estático de control na VG-20 en Vigo. A Policía Nacional controla as entradas e saídas da cidade e así evitar que a xente salte o confinamento para marchar a fin de semana ás segundas residencias. Este dispositivo contou co apoio do helicóptero.
Son controis aleatorios e os axentes deciden que coche paran. Tras pedirlle a documentación e comprobar que todo está ben deixan que continúen o traxecto. Estes controis seguen as pautas dun nivel de alerta 4 antiterrorista e o de prevención de seguridade cidadá. Grazas a estes controis, os axentes detiveron tres persoas esta semana. Unha delas por levar 75 gramos de cocaína enriba.
A anécdota neste control estivo neste todo terreo. Pediu que o deixaran pasar porque a muller estaba de parto.